XA CHEGA O SAMAIN.DEIXAMOSVOS AQUI UN CONTO DE CABAZAS
lunes, 27 de octubre de 2014
viernes, 24 de octubre de 2014
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
DÍA 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Como cada ano, a Consellería de Educación e Cultura fainos chegar os carteis conmemorativos deste día. Nesta ocasión, co lema Biblioteca escolar... Matemático!!! (co que se pretende resaltar o papel da biblioteca como apoio ó desenvolvemento do currículo). O cartel é obra de DAVID PINTOR.
lunes, 20 de octubre de 2014
EXPOSICION LIBROS NA BIBLIOTECA
Aquí temos unha selección de libros e contos sobre "O Corpo e As Emocións" que podedes atopar na biblioteca de Aido.
Esperamos que a disfrutedes!!!
Sobre o corpo
martes, 7 de octubre de 2014
BENVIDA CURSO 2014/15
Ola a tod@s!!!!!
Xa estamos de volta e queremos recordarvos que este mércores 8 de outubro abriremos de novo a bblioteca de Aido en horario de 16:00 a 18:00.
Esperámosvos !!!!
jueves, 26 de junio de 2014
ESCOLA DE CACHEIRAS
ESCOLA DE REIS. TERCEIRO TRIMESTRE.
Esta é a actividade que realizou a escola de Reis no terceiro trimestre. Como vedes elaboraron unhas camisetas moi chulas para facer o camiño de Santiago.
QUEDARON BEN BONITAS!
martes, 10 de junio de 2014
ESCOLA DE RECESENDE EN AIDO. PROXECTO "O CAMIÑO DE SANTIAGO"
Finalizando o curso voltamos, por última vez este ano, á Biblioteca Lucho do Peto para facer o noso particular Camiño de Santiago polos arredores da Escola de Aido. Buscando Gárgolas podimos obter a nosa compostelá ademais de pasar un rato ben divertido.
Tamén limos unha chea de contos e pintamos cada un unha Gárgola que servirá para facer un bonito cadro
sábado, 7 de junio de 2014
A ESCOLA DE CASALONGA E O CAMIÑO DE SANTIAGO EN AIDO
Onte tivemos a última xornada, por este curso, na nosa biblioteca.
A temática en esta ocasión foi "O Camiño de Santiago". Iniciamos a xornada con un tempo para ler e mirar todos os libros que quixeron de xeito libre , logo un xogo de pistas do camiño co que o pasaron xenial , cando o remataron tocou merendar e un pouco de xogo libre, e para dar por finalizada esta xornada pintamos aos nosos peregrinos e claro, despois, sesión fotográfica con eles.
Como todos o fixeron tan ben , foron conseguíndo unha credencial cos selos correspondentes, o final do día levaban a súa particular compostelá.
Zona de los archivos adjuntos busqueda das gárgolas pintando peregrinos
martes, 20 de mayo de 2014
A HISTORIA DE SANTIAGO APÓSTOL
Animámosvos a ver esta curta de debuxos animados na que se explica a lenda de cómo chegaron os restos de Santiago Apóstol ata Santiago de Compostela, o nacemento da cidade e o comezo das peregrinacións ata Compostela.
viernes, 16 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
.."Brincan da canteira ósos de pedra virxe, e óense os alentos,nenos e galos axoutados arrédanse e deixan pasar un río de pedras,tolean os martelos en días eternos e noites cegas…e medra amodiño na noite un feixe de colunas coma gorxas de pomba: non se fixo o Templo en tres días; que o home é breve e a noite é longa.
Pro medra coma a aurora tralos piñeiros, soño de beleza mostruosa masa de dogmas de pedra, seixo a seixo, a Nai de Compostela, e así quedou pá sempre, coa crista por riba do Tempo furando na néboa, a Catedral, a grande Galiña deitada no medio das leiras."
Xosé María Díaz Castro, "O berro das pedras"
* HOMENAXE DE DÍAZ CASTRO Á CATEDRAL DE SANTIAGO
viernes, 2 de mayo de 2014
"SAR, SARELA E OS MONSTROS DE COMPOSTELA"
Vós presentamos un conto moi divertido que ademáis vos axudará a coñecer un pouco máis a cidade de Santiago de Compostela. É da editorial OQO e conta as andainas de dous gatos que precisamente se chaman como os dous ríos que cruzan Compostela: Sar e Sarela.
O podedes atopar na feira do libro que se está a celebrar estes días en Santiago pero tamén na nosa biblioteca "Lucho do Peto" para ler na propia biblioteca ou para levar a casa durante, xa sabedes, máximo 15 días.
A QUE ESPERADES....ESTAMOS SEGUROS DE QUE VOS ENCANTARÁ
miércoles, 30 de abril de 2014
FEIRA DO LIBRO 2014- SANTIAGO DE COMPOSTELA
miércoles, 2 de abril de 2014
martes, 1 de abril de 2014
A ESCOLA DE RECESENDE EN AIDO
A ESCOLA DE CASALONGA NA 2ª SEMANA DA BIBLIOTECA
Aquí podedes ver algunhas das actividades realizadas polos nenos e nenas da Escola de Casalonga. Comenzaron coa lectura de contos e visionado dun video sobre alimentación . Seguidamente, como tódalas escolas, elaboraron un batido de amorodos e a súa receta.
Despois da degustación de batido e galletas fixeron unha orixinal escultura con recipientes que durante o trimestre foron montando na súa escola para traballar distintos aspectos do currículo. Plasmar en papel o resultado final resultou divertido e mesmo orixinal.
QUE BEN O PASARON!!!!!!!!
Escultura realizada con recipientes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















