Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Os nenos e nenas de Reis primaria deixamos uns agasallos cunha mensaxe de paz para quen vaia xogar estes días ao parque do Praiña; colledeo, pinchadeo e verdes que entre todos podemos facer un mundo mellor. Feliz día da Paz! ( 30 Xaneiro)


















En casalonga estábamos confinados e os Unicornios e os Planetas non  puderon desenvolver as actividades que tiñamos preparadas, aínda así , e de xeito telemático, foron participando e enviándonos por correo electrónico os seus desexos de Paz que quedaron atrapados no noso "atrapasoños máxico " , nel só aparecen soños e desexos bos .


 A Paz empeza non nosos corazóns , e este ano  non fixemos pombiñas , senon que cada un de nós fixo un paxariño , un paxariño que representa todo o bo , a Paz e felicidade que nós desexamos compartir con todos e que desexamos que todos podan desfrutar .




jueves, 31 de enero de 2019

COCIÑANDO A PAZ: Receitas para a paz

Co gallo da celebración do Día Escolar da Paz 2019, os Corazóns Matemáticos da Escola de Casalonga puxéronse a cociñar deliciosas receitas para a paz, traballando así tamén no proxecto do CRA sobre alimentación. E este foi o resultado. 
BO PROVEITO!