miércoles, 10 de junio de 2020

Traballos "Semana da Biblioteca" 3º Trimestre

Aquí temos os debuxos recibidos e un vídeo das propostas que víchedes na entrada anterior de Blog, desfrutade da imaxinación dos nos@s alumn@s!!!!

Uxía de Raxó ten o superpoder de superplantadora nada menos e demóstrao con debuxo e vídeo!

Daniel Moreno de Raxó... Capitán Basurilla co seu super poder cabalgando no seu cabalo o lixo vai atrapando!!

Fernando  da escola de Reís ten a superforza para facer desaparecer montañas e montañas de lixo.
Hugo de Reis  dí que o seu super poder é ter uns raios laser nos ollos para desintegrar o lixo que hai polo chan tirado, ou calquera cousa que poida facerlle dano ao planeta. 
Carolina de Raxó co seu sacho bota a voar sempre disposta a axudar a cavar!
Martina de Recesende crea flores e rega coas súas bágoas.
Mateo de Recesende convírtese en súper "Imán Mán" e recolle todos os metais.