domingo, 30 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Os nenos e nenas de Reis primaria deixamos uns agasallos cunha mensaxe de paz para quen vaia xogar estes días ao parque do Praiña; colledeo, pinchadeo e verdes que entre todos podemos facer un mundo mellor. Feliz día da Paz! ( 30 Xaneiro)


















En casalonga estábamos confinados e os Unicornios e os Planetas non  puderon desenvolver as actividades que tiñamos preparadas, aínda así , e de xeito telemático, foron participando e enviándonos por correo electrónico os seus desexos de Paz que quedaron atrapados no noso "atrapasoños máxico " , nel só aparecen soños e desexos bos .


 A Paz empeza non nosos corazóns , e este ano  non fixemos pombiñas , senon que cada un de nós fixo un paxariño , un paxariño que representa todo o bo , a Paz e felicidade que nós desexamos compartir con todos e que desexamos que todos podan desfrutar .




No hay comentarios:

Publicar un comentario