jueves, 30 de septiembre de 2021
miércoles, 29 de septiembre de 2021
sábado, 25 de septiembre de 2021
viernes, 24 de septiembre de 2021
miércoles, 22 de septiembre de 2021
lunes, 13 de septiembre de 2021
jueves, 9 de septiembre de 2021
martes, 22 de junio de 2021
Vídeo refraneiro
Rematamos o curso con este vídeo da actividade proposta dende o equipo de Normalización na que colaboraron todas as escolas, un refraneiro popular ilustrado e interpretado por todo o alumnado!!!
viernes, 18 de junio de 2021
Semana da Biblioteca , terceiro trimestre
Chegamos o final do Camiño de Santiago!!! para festexalo ,dende a Biblioteca, propuxemos dúas actividades para as aulas, aquí tendes algunhos exemplos en fotos co alumnado de Cacheiras e Recesende:
A primeira un xogo de búsqueda no que tras atopar varias fichas escondidas polos patios, o alumnado tiña que xuntar un puzzle co "skyline" de Santiago e decoralo entre tod@s.
E a segunda a entrega e decoración dunha "compostelana" como título polo bó traballo realizado durante o curso sobre a temática do camiño. O ano próximo esperamos poder voltar a Aído para todas estas actividades e moitas máis!!!
viernes, 23 de abril de 2021
Suxerencias e contacontos das familias ,día do libro 2021
Comezamos con unhas cantas recomendacións literarias como vos propoñíamos na entrada anterior:
Aldán (Casalonga)
Aroa (Casalonga)
Sara (Casalonga)
E rematamos con tres vídeos ! O primeiro en dúas partes:
Leo (2º primaria Cacheiras)
martes, 13 de abril de 2021
Proposta contacontos Día do Libro
Achegase o día do libro e propoñémosvos que nos enviedes un vídeo/contacontos ou unha foto co voso libro preferido. Na semana do 23 de Abril colgaremos o que nos enviedes para poder compartilo entre tod@s!
Xa sabedes!!! esperamos os vosos envíos no mail
bibliotecacradeteo@gmail.com
viernes, 26 de marzo de 2021
Semana da Biblioteca segundo trimestre
Continuando coa tradicional semana da biblio de cada trimestre, esta vez repetiuse nos coles en lugar de visitar a biblioteca principal de Aído por mor das medidas de seguridade e hixiene vixentes. Isto non foi impedimento para desfrutar dun xogo de pistas no que descubrir diferentes formas de facer o camiño de Santiago realizando unha especie de álbum de cromos e coñecer un novo conto que versa tamén sobre a temática do curso referente o camiño. Aquí algunhas fotos de Casalonga , Cacheiras ,Reis e Recesende nas súas búsquedas de pistas!!!
domingo, 21 de marzo de 2021
miércoles, 17 de marzo de 2021
Primeiras actividades caixa viaxeira!
En Recesende a caixa viaxeira que lles tocou está xa funcionando con algunhas das actividades propostas!!!
viernes, 12 de marzo de 2021
Este ano... a biblio vai as escolas!
Ante as circunstancias actuais, dende o equipo de Biblioteca decidiuse enviar a cada aula unha caixa con máis de vinte libros con propostas de actividades incluidas para seguír mantendo viva a nosa biblioteca. Dende onte xa teñen ese material en cada unha das oito aulas e ven con dous libros de regalo!!!
martes, 9 de marzo de 2021
Lecturas recomendadas semana 8M
Se onte poñíamos un vídeoconto, hoxe remitímonos directamente ao papel con esta selección de contos relacionados coa temática da igualdade,respeto, empoderamento...
domingo, 7 de marzo de 2021
Conto recomendado 8M
Aconsellamos dende a biblio este conto para celebrar o día da Muller Traballadora, non o perdades!
martes, 2 de marzo de 2021
Calendario do libro e da lecutra de Galicia
Compartimos este interesante calendario de conmemoracións para este ano no ámbito da lectura en Galicia:
martes, 23 de febrero de 2021
Calendario científico escolar 2021
O Calendario Científico Escolar 2021 busca acercar a cultura científica a nenas e nenos e crear referentes, na medida do posible, cercanos.Impulsado polo Instituto de Ganadería de Montaña del CSIC (IGM) e a Universidad de León.
martes, 24 de noviembre de 2020
Semana de Biblioteca, primeiro trimestre 2021
Este ano por mor da situación actual a tradicional semana da Biblioteca tivo que realizarse nas propias escolas non podendo acudir a Aido por motivos de seguridade . Isto non cambiou a dinámica propia e para traballar a temática de este ano no centro, o Camiño de Santiago, repartíronse exemplares do libro "bo camiño Valentiño" a cada aula e fíxose un xogo por pistas onde o alumnado debía atopar toda a indumentaria dun bo peregrino para coloreala e pegala no seu pequeno "alter ego". O tempo acompañou e nalgunhas escolas incluos fixeron algunha pequena saida cercana para dinamizar máis a actividade:




























