Comezamos con unhas cantas recomendacións literarias como vos propoñíamos na entrada anterior:
Aldán (Casalonga)
Aroa (Casalonga)
Sara (Casalonga)
E rematamos con tres vídeos ! O primeiro en dúas partes:
Leo (2º primaria Cacheiras)
Comezamos con unhas cantas recomendacións literarias como vos propoñíamos na entrada anterior:
Aldán (Casalonga)
Aroa (Casalonga)
Sara (Casalonga)
E rematamos con tres vídeos ! O primeiro en dúas partes:
Leo (2º primaria Cacheiras)
Achegase o día do libro e propoñémosvos que nos enviedes un vídeo/contacontos ou unha foto co voso libro preferido. Na semana do 23 de Abril colgaremos o que nos enviedes para poder compartilo entre tod@s!
Xa sabedes!!! esperamos os vosos envíos no mail
Continuando coa tradicional semana da biblio de cada trimestre, esta vez repetiuse nos coles en lugar de visitar a biblioteca principal de Aído por mor das medidas de seguridade e hixiene vixentes. Isto non foi impedimento para desfrutar dun xogo de pistas no que descubrir diferentes formas de facer o camiño de Santiago realizando unha especie de álbum de cromos e coñecer un novo conto que versa tamén sobre a temática do curso referente o camiño. Aquí algunhas fotos de Casalonga , Cacheiras ,Reis e Recesende nas súas búsquedas de pistas!!!
En Recesende a caixa viaxeira que lles tocou está xa funcionando con algunhas das actividades propostas!!!
Ante as circunstancias actuais, dende o equipo de Biblioteca decidiuse enviar a cada aula unha caixa con máis de vinte libros con propostas de actividades incluidas para seguír mantendo viva a nosa biblioteca. Dende onte xa teñen ese material en cada unha das oito aulas e ven con dous libros de regalo!!!
Se onte poñíamos un vídeoconto, hoxe remitímonos directamente ao papel con esta selección de contos relacionados coa temática da igualdade,respeto, empoderamento...
Aconsellamos dende a biblio este conto para celebrar o día da Muller Traballadora, non o perdades!
Compartimos este interesante calendario de conmemoracións para este ano no ámbito da lectura en Galicia:
O Calendario Científico Escolar 2021 busca acercar a cultura científica a nenas e nenos e crear referentes, na medida do posible, cercanos.Impulsado polo Instituto de Ganadería de Montaña del CSIC (IGM) e a Universidad de León.
Este ano por mor da situación actual a tradicional semana da Biblioteca tivo que realizarse nas propias escolas non podendo acudir a Aido por motivos de seguridade . Isto non cambiou a dinámica propia e para traballar a temática de este ano no centro, o Camiño de Santiago, repartíronse exemplares do libro "bo camiño Valentiño" a cada aula e fíxose un xogo por pistas onde o alumnado debía atopar toda a indumentaria dun bo peregrino para coloreala e pegala no seu pequeno "alter ego". O tempo acompañou e nalgunhas escolas incluos fixeron algunha pequena saida cercana para dinamizar máis a actividade: