jueves, 16 de mayo de 2019

CONTACONTOS FAMILIAS

Para celebrar o día do libro , na biblioteca do CRA fixemos, grazas á colaboración das familias ,unha sesión de contacontos . Tivemos tantas familias voluntarias que foi necesario facer dúas xornadas . Grazas a todos , sen vós nada disto sería posible. Na ligazón poderedes ver algunhas imaxes deses días






miércoles, 15 de mayo de 2019

O ANTÓN FRAGUAS DE CACHEIRAS INFANTIL

Na escola de Cacheiras Infantil fixeron un Antón Fraguas así de chulo



HOXE COCIÑAMOS UNHA DAS RECEITAS QUE NOS DEIXARON UNS PEREGRINOS PORTUGUESES

Seguimos co noso proxecto de alimentación , en este trimestre recompilando receitas que nos deixan os peregrinos que pasan por diante da escola e que queren colaborar con nós.

Hoxe fixemos galletas de manteiga e canela .

As Nubes xa son expert@s cociñeir@s.

Moitas grazas a Vera e Cecília  <3






LIBRO DE RECEITAS VIAXEIRO .



NOVAS RECEITAS DENDE, VALENCIA,BILBAO,SINGAPUR,CHINA AUSTRALIA E USA

lunes, 13 de mayo de 2019

Facendo batido

En Recesende fixemos un batido para compartir.

Recollemos as fresas da horta que cultivamos na escola...


 Anotamos os ingredientes e seguimos a receita...



Disfrutamos do lindo ca profe Lourdes! 😄

O biscoito de Martina

Hoxe en Recesende tivemos a grandísima sorte de que Martina nos invitase a merendar un delicioso biscoito. Gustaríanos compartilo con vós... pero de rico que estaba non quedou nada 😜

 Aquí vemos a Martina ensinándonos a receita que seguiu.
E ademais da receita tróuxonos algunhas actividades para traballar o vocabulario.
Se queredes facer esta receita vós tamén, aquí nos explica Martina todos os pasos.

miércoles, 8 de mayo de 2019

Cociñando con Xan de Recesende

Aprendendo sobre as froitas

Na escola de Recesende, cada un investigou sobre unha froita de temporada diferente, e no cole compartimos esta información... para aprender todos xuntos!

A libreta viaxeira de Recesende

A libreta viaxeira ven do cole ás nosas casas. Nela escribimos (e fotografiamos) o que aprendemos na casa, para despois podelo compartir cos compañeiros do cole. No cole, aprendemos compartindo, repasando, reutilizando, reciclando... É moi divertido!

lunes, 6 de mayo de 2019

AS RECEITAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Se pasades pola Escola de Casalonga podedes colaborar connosco 😀, estamos a recoller receitas dos peregrinos que cada día pasan por diante da escola. 
Onte puxemos un caderno no valo da escola e xa nos deixaron as súas receitas dous peregrinos italianos e outros dous holandeses.🥳🥳

Tentaremos cociñar na escola algunha delas e situar no mapa os seus lugares de procedencia , así imos coñecendo tamén onde están os diferentes países e dentro de España as diferentes provincias. Un proxecto moi saboroso 😉









A Escola de Recesende celebra o Día do libro

En Recesende celebramos o día do libro ca visita dunha das familias, que nos contou un conto que nos fixo ver como cos libros podemos viaxar a mil e un lugares. Por iso fixemos que os nosos libros tamén cobren vida e nos podan levar con eles.

O día da nai en Recesende

O día da nai é un bo momento para transmitir cariño e tamén para aprender.
En Recesende pintamos as macetas con mensaxes e pensamos en todas esas cousas que nos encantan da nosa nai, e escribímosllas porque vale a pena que non queden sen dicir 😄

Cociñando con Fernando de Recesende


Hoxe dende a Escola de Recesende do Cra de Teo traémosvos unha deliciosa receita nova. A disfrutala! :P