martes, 22 de junio de 2021

Vídeo refraneiro

 Rematamos o curso con este vídeo da actividade proposta dende o equipo de Normalización na que colaboraron todas as escolas, un refraneiro popular ilustrado e interpretado por todo o alumnado!!!



viernes, 18 de junio de 2021

Semana da Biblioteca , terceiro trimestre


 

 Chegamos o final do Camiño de Santiago!!! para festexalo ,dende a Biblioteca, propuxemos dúas actividades para as aulas, aquí tendes algunhos exemplos en fotos co alumnado de Cacheiras e Recesende:

A primeira un xogo de búsqueda no que tras atopar varias fichas escondidas polos patios, o alumnado tiña que xuntar un puzzle co "skyline" de Santiago e decoralo entre tod@s.

 

E a segunda a entrega e decoración dunha "compostelana"  como título polo bó traballo realizado durante o curso sobre a temática do camiño. O ano próximo esperamos poder voltar a Aído para todas estas actividades e moitas máis!!!





viernes, 23 de abril de 2021

Suxerencias e contacontos das familias ,día do libro 2021

  Comezamos con unhas cantas recomendacións literarias como vos propoñíamos na entrada anterior:


Aldán (Casalonga)

Aroa  (Casalonga)

Image 

Sara  (Casalonga)

E rematamos con tres vídeos ! O primeiro en dúas partes:


Erea  (Raxó)

Leo (2º primaria Cacheiras)

Mateo (Recesende)



 


martes, 13 de abril de 2021

Proposta contacontos Día do Libro

 Achegase o día do libro e propoñémosvos que nos enviedes un vídeo/contacontos ou unha foto co voso libro preferido. Na semana do 23 de Abril colgaremos o que nos enviedes para poder compartilo entre tod@s!

Xa sabedes!!! esperamos os vosos envíos no mail

bibliotecacradeteo@gmail.com

O equipo da Biblio tamén vos  mostramos algunhas recomendacións  persoais que podedes atopar en Aido:








viernes, 26 de marzo de 2021

Semana da Biblioteca segundo trimestre

 Continuando coa tradicional semana da biblio de cada trimestre, esta vez repetiuse nos coles en lugar de visitar a biblioteca principal de Aído por mor das medidas de seguridade e hixiene vixentes. Isto non foi impedimento para desfrutar dun xogo de pistas no que descubrir diferentes formas de facer o camiño de Santiago realizando unha especie de álbum de cromos e coñecer un novo conto que versa tamén sobre a temática do curso referente o camiño. Aquí algunhas fotos de Casalonga , Cacheiras ,Reis e Recesende nas súas búsquedas de pistas!!!








 

 




 

 


domingo, 21 de marzo de 2021

miércoles, 17 de marzo de 2021

Primeiras actividades caixa viaxeira!

 En Recesende a caixa viaxeira que lles tocou está xa funcionando con algunhas das actividades propostas!!!



viernes, 12 de marzo de 2021

Este ano... a biblio vai as escolas!

 Ante as circunstancias actuais, dende o equipo de Biblioteca decidiuse enviar a cada aula unha caixa con máis de vinte libros con propostas de actividades incluidas para seguír mantendo viva a nosa biblioteca. Dende onte xa teñen ese material en cada unha das oito aulas e ven con dous libros de regalo!!!



martes, 9 de marzo de 2021

Lecturas recomendadas semana 8M

 Se onte poñíamos un vídeoconto, hoxe remitímonos directamente ao papel con esta selección de contos relacionados coa temática da igualdade,respeto, empoderamento... 

Artur e Clementina

Cuando las niñas vuelan alto
Pioneiras galegas que abriron camiño
Lola y el dragón
La princesa rebelde
Rosa Caramelo
Grandes mujeres que cambiaron el mundo
Las princesas también se tiran pedos
















domingo, 7 de marzo de 2021

Conto recomendado 8M

 Aconsellamos dende a biblio este conto para celebrar o día da Muller Traballadora, non o perdades!



martes, 2 de marzo de 2021

Calendario do libro e da lecutra de Galicia

 Compartimos este interesante calendario de conmemoracións para este ano no ámbito da lectura en Galicia:



martes, 23 de febrero de 2021

Calendario científico escolar 2021

O Calendario Científico Escolar 2021 busca acercar a cultura científica a nenas e nenos e crear referentes, na medida do posible, cercanos.Impulsado polo Instituto de Ganadería de Montaña del CSIC (IGM) e a Universidad de León.







martes, 24 de noviembre de 2020

Semana de Biblioteca, primeiro trimestre 2021

 Este ano por mor da situación actual a tradicional semana da Biblioteca tivo que realizarse nas propias escolas non podendo acudir a Aido por motivos de seguridade . Isto non cambiou a dinámica propia e para traballar a temática de este ano no centro, o Camiño de Santiago, repartíronse exemplares do libro "bo camiño Valentiño" a cada aula e fíxose un xogo por pistas onde o alumnado debía atopar toda a indumentaria dun bo peregrino para coloreala e pegala no seu pequeno "alter ego". O tempo acompañou e nalgunhas escolas incluos fixeron algunha pequena saida cercana para dinamizar máis a actividade: