Hoxe na escola de Recesende visitounos a familia de Aroa para axudarnos a facer unha merenda diferente.
Dende a primeira hora da mañá escribimos a receita, mesturamos os ingredientes, amasamos, esperamos a que levara, condimentamos e forneamos... Aquí tedes o resultado!
Hoxe na escola de Raxó de novo obradoiro de cociña da man da familia de Noa e de Dani. Desta volta cociñamos empanadillas de atún e ovo !! Moi ben o pasamos amasando
Fai uns días, atopámonos cunha bonita sorpresa en Reis: Un agasallo. O agasallo viña cunha carta, que nos encomenda a todas e todos os nenos da nosa escoliña unha misión MOI IMPORTANTE. E o máis incríble é que no lo enviou unha FADA! Será posible? Pois din por aí que habelas hainas! Mirade, mirade...