Para celebrar o día do libro , na biblioteca do CRA fixemos, grazas á colaboración das familias ,unha sesión de contacontos . Tivemos tantas familias voluntarias que foi necesario facer dúas xornadas .
Grazas a todos , sen vós nada disto sería posible.
Na ligazón poderedes ver algunhas imaxes deses días
Seguimos co noso proxecto de alimentación , en este trimestre recompilando receitas que nos deixan os peregrinos que pasan por diante da escola e que queren colaborar con nós.
Hoxe en Recesende tivemos a grandísima sorte de que Martina nos invitase a merendar un delicioso biscoito. Gustaríanos compartilo con vós... pero de rico que estaba non quedou nada 😜
Aquí vemos a Martina ensinándonos a receita que seguiu.
E ademais da receita tróuxonos algunhas actividades para traballar o vocabulario.
Se queredes facer esta receita vós tamén, aquí nos explica Martina todos os pasos.
Na escola de Recesende, cada un investigou sobre unha froita de temporada diferente, e no cole compartimos esta información... para aprender todos xuntos!