miércoles, 8 de mayo de 2019

A libreta viaxeira de Recesende

A libreta viaxeira ven do cole ás nosas casas. Nela escribimos (e fotografiamos) o que aprendemos na casa, para despois podelo compartir cos compañeiros do cole. No cole, aprendemos compartindo, repasando, reutilizando, reciclando... É moi divertido!

lunes, 6 de mayo de 2019

AS RECEITAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Se pasades pola Escola de Casalonga podedes colaborar connosco 😀, estamos a recoller receitas dos peregrinos que cada día pasan por diante da escola. 
Onte puxemos un caderno no valo da escola e xa nos deixaron as súas receitas dous peregrinos italianos e outros dous holandeses.🥳🥳

Tentaremos cociñar na escola algunha delas e situar no mapa os seus lugares de procedencia , así imos coñecendo tamén onde están os diferentes países e dentro de España as diferentes provincias. Un proxecto moi saboroso 😉









A Escola de Recesende celebra o Día do libro

En Recesende celebramos o día do libro ca visita dunha das familias, que nos contou un conto que nos fixo ver como cos libros podemos viaxar a mil e un lugares. Por iso fixemos que os nosos libros tamén cobren vida e nos podan levar con eles.

O día da nai en Recesende

O día da nai é un bo momento para transmitir cariño e tamén para aprender.
En Recesende pintamos as macetas con mensaxes e pensamos en todas esas cousas que nos encantan da nosa nai, e escribímosllas porque vale a pena que non queden sen dicir 😄

Cociñando con Fernando de Recesende


Hoxe dende a Escola de Recesende do Cra de Teo traémosvos unha deliciosa receita nova. A disfrutala! :P

lunes, 29 de abril de 2019

miércoles, 24 de abril de 2019

jueves, 11 de abril de 2019

CONSTRUÍNDO SAÚDE NA BIBLIOTECA

As nenas e nenos das escolas de Raxó e Casalonga  están esta tempada  visitando moito a biblioteca do CRA, algo andan argallando , pero xa vos contaremos o que é.
 De momento deixámosvos  imaxes dunhas construccións cos envases dos iogures , aproveitando o noso proxecto de alimentación sa reciclamos os envases dos iogures para que xuntos poidan facer construccións chulísimas 








lunes, 8 de abril de 2019