Os corazóns matemáticos propuxeron facer unha actividade especial no día de hoxe para recordar canto queren aos seus compañeiros e compañeiras. Asi que fixemos un " amigo invisible" e creamos fermosas postais. Foi unha xornada cargada de amor!
Esta semana tivemos dous fantásticos voluntarios que compartiron con nós uns contos. Pedro, que nos leu sobre as aventuras de "A bruxa" e Lucas, que nos ensinou un montón de cousas sobre as casas co conto de "Donald y la vivienda". Que ben o pasamos!