martes, 7 de junio de 2022

Semana da Biblioteca, terceiro trimestre

Durante esta semana e a próxima estamos de volta todas as escolas por Aido ao fin de novo grazas ó cambio de protocolo. Aquí algunhas mostras das actividades que estánse a realizar no local da Biblioteca relacionadas coas aves, o proxecto de este curso: Búsqueda de pistas para a realización dun puzzle, lectura de contos, consulta de novidades, manualidades creando paxáros con masa , video/conto...

martes, 3 de mayo de 2022

O toque pechado de Pablo Seoane

Seguimos ampliando a sección de adultos esta vez cunha doazón moi especial, nada menos que o libro "O toque pechado" de Pablo Seoane, un músico moi cercano o noso CRA. Nel afonda neste xeito de tocar a gaita de fol para que non se esqueza.

DÍA MUNDIAL DA LIBERDADE DE PRENSA

lunes, 2 de mayo de 2022

Semana de Biblio segundo trimestre 2022

Seguimos coa semana da Biblioteca nas escolas ante a imposibilidade de reunirnos en Aido. Neste trimestre o equipo da Biblio elaborou unha actividade LIM interactiva sobre o conto "O peizoque Roque" e otra máis manual onde o alumnado propoñia palabras fermosas igual que no conto e que se ían añadindo os ovos dunha Bubela ata confeccionar unha especie de "atrapasoños" moi especial. Aquí algunhas fotos de coma foi a actividade na escola de Raxó e de Reis:

Máis novidades inclusivas

Coma comentábamos fai uns días, novos fondos entran en Aido coa temática da inclusividade, pasen e lean!!!

Víches iso?

Este é o título do novo libro que dende a Biblioteca se regala as aulas para este trimestre. Unha publicación que permite seguir afondando no mundo das aves ,sobre todo as galegas, con boas ilustracións e datos interesantes!

martes, 29 de marzo de 2022

Novidades inclusivas!

Estamos renovando non só estéticamente a Biblioteca senón tamén novos libros están xa dispoñibles, nestes días a inclusividade marca a pauta dos novos fondos e máis que irán chegando. Recordade que podedes vir os Xoves de 16:30 a 18:30 !