Continuando coa tradicional semana da biblio de cada trimestre, esta vez repetiuse nos coles en lugar de visitar a biblioteca principal de Aído por mor das medidas de seguridade e hixiene vixentes. Isto non foi impedimento para desfrutar dun xogo de pistas no que descubrir diferentes formas de facer o camiño de Santiago realizando unha especie de álbum de cromos e coñecer un novo conto que versa tamén sobre a temática do curso referente o camiño. Aquí algunhas fotos de Casalonga , Cacheiras ,Reis e Recesende nas súas búsquedas de pistas!!!