jueves, 28 de noviembre de 2019

Troco solidario no Nadal

 
Durante a semana do 9 a o 13 de Decembro nas escolas do CRA poderáse trocar alimentos non perecedeiros (leite ,aceite, legumes...) por agasallos que @s mesmos rapac@s fabricaron. O recollido irá o banco de alimentos do Concello de Teo que repartirá entre as familias mais necesitadas.

lunes, 25 de noviembre de 2019

Semana da Biblioteca


Na semana da Biblioteca do primeiro trimestre todas as escolas foron pasando por Aido para traballar a reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Unha das actividades realizadas foi a creación de peóns reciclados coincidindo coas datas do San Martiño usando vellos cds, tapóns e canicas, super divertidos!





martes, 19 de noviembre de 2019

Expo "Onde foi Barriga Verde " na Biblioteca



Esta semana temos na Biblioteca a exposición itinerante  "Onde foi Barriga Verde" que versa sobre o clásico espectáculo titiriteiro galego Está enmarcada dentro do festival Titiriberia que organiza o concello de Teo.


jueves, 24 de octubre de 2019

Dia das bibliotecas escolares

Hoxe celebrouse o día das Bibliotecas escolares e o traballamos nas nosas aulas de diversas formas, este é o cartaz conmemorativo de este ano!

viernes, 18 de octubre de 2019

P de partes...

Para traballar partes do corpo e a letra "P" en Recesende fixeron este gran mural onde recoñecelas!


lunes, 17 de junio de 2019

lunes, 3 de junio de 2019

Comendo gofres en Recesende

Hoxe en Recesende tivemos a sorte de que Ale nos convidara aos gofres que fixo ca súa familia.

Compartiu con todos esta receita taaan rica.












Como sempre aproveitamos para aprender, buscamos e xuntamos as letras que compoñen a palabra "gofres".












E se queredes repetir a receita... aquí tedes o titorial!

lunes, 27 de mayo de 2019

ACTIVIDADES TRIMESTRAIS NA BIBLIOTECA

Pizzas na escola de recesende

Hoxe na escola de Recesende visitounos a familia de Aroa para axudarnos a facer unha merenda diferente.

Dende a primeira hora da mañá escribimos a receita, mesturamos os ingredientes, amasamos, esperamos a que levara, condimentamos e forneamos... Aquí tedes o resultado!








Que aproveite!