Aquí temos aos nen@s de Recesende pasando unha nova xornada co motivo da Semana da Biblioteca en Aido. Neste trimestre o tema sobre o cal traballar foi "O entorno próximo: O Concello de Teo". Fixeron moitas actividades variadas e pasárono moi ben.
Aqui está o alumnado de Reis na súa visita trimestral á biblioteca de Aido. Traballaron os oficios, leron contos, merendaron e pasaron unha xornada diferente.