viernes, 31 de octubre de 2014

Títeres no Magosto e Samáin


Hoxe día 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín, cunha festa conxunta para tod@s @s nen@s na Casa Común de Oza. O equipo de biblioteca decidíu traer a Xan Pérez cunha sesión de títeres: "Pedro e o Lobo". Aquí vos deixamos algunha foto...





viernes, 24 de octubre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



DÍA 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Como cada ano, a Consellería de Educación e Cultura fainos chegar os carteis conmemorativos deste día. Nesta ocasión,  co lema Biblioteca escolar... Matemático!!! (co que se pretende resaltar o papel da biblioteca como apoio ó desenvolvemento do currículo). O cartel é obra de DAVID PINTOR.

lunes, 20 de octubre de 2014

EXPOSICION LIBROS NA BIBLIOTECA

Aquí temos unha selección de libros e contos sobre "O Corpo e As Emocións" que podedes atopar na biblioteca de Aido.
 Esperamos que a disfrutedes!!!


Sobre o corpo

AS EMOCIONS

Ola a tod@s! 
Este primeiro trimestre imos traballar as emocións tanto nas aulas como na biblioteca. Xa temos en Aido unha selección de libros e contos desta temática. Pasádevos a vela.
 Recomendámosvos este precioso libro!!!

martes, 7 de octubre de 2014

BENVIDA CURSO 2014/15

Ola a tod@s!!!!!
Xa estamos de volta e queremos recordarvos que este mércores 8 de outubro abriremos de novo a bblioteca de Aido en horario de 16:00 a 18:00.
Esperámosvos !!!!