jueves, 26 de junio de 2014

BOAS VACACIÓNS A TODOS

BOAS VACACIÓNS!!!!! LEDE MOITO!!!



EXCURSIÓN FINAL DE CURSO 2013/14

ESCOLA DE CACHEIRAS





Na escola de Cacheiras para este terceiro trimestre prepararon este maravilloso xogo da Oca do Camiño de Santiago. Pasaron un bo rato xogando con el e repasando cousas sobre Santiado e o Camiño.

QUE BOA IDEA !!!

ESCOLA DE REIS. TERCEIRO TRIMESTRE.

Esta é a actividade que realizou a escola de Reis no terceiro trimestre. Como vedes elaboraron unhas camisetas moi chulas para facer o camiño de Santiago.

QUEDARON BEN BONITAS!






martes, 10 de junio de 2014

ESCOLA DE RECESENDE EN AIDO. PROXECTO "O CAMIÑO DE SANTIAGO"

Finalizando o curso voltamos, por última vez este ano, á Biblioteca Lucho do Peto para facer o noso particular Camiño de Santiago polos arredores da Escola de Aido. Buscando Gárgolas podimos obter a nosa compostelá ademais de pasar un rato ben divertido. 

Tamén limos unha chea de contos e pintamos cada un unha Gárgola que servirá para facer un bonito cadro

 

sábado, 7 de junio de 2014

A ESCOLA DE CASALONGA E O CAMIÑO DE SANTIAGO EN AIDO

Onte tivemos a última xornada, por este curso, na nosa biblioteca.
 A temática en esta ocasión foi  "O Camiño de Santiago". Iniciamos a xornada con un tempo para ler e mirar todos os libros que quixeron de xeito libre , logo un xogo de pistas do camiño  co que o pasaron xenial , cando o remataron tocou merendar  e un pouco de xogo libre, e para dar por finalizada esta xornada pintamos aos nosos peregrinos e claro, despois, sesión fotográfica con eles.

Como todos o fixeron tan ben , foron conseguíndo unha credencial cos selos correspondentes, o final do día levaban a súa  particular compostelá.















Zona de los archivos adjuntos busqueda das gárgolas pintando peregrinos

A MOCHILA VIAXEIRA EN CASALONGA