CUN "POUCO" DE RETRASO PUBLICAMOS ESTES TRABALLOS DA MOCHILA VIAXEIRA DO ALUMNADO DE CASALONGA. COMO PODEDES VER ESTÁN A TRABALLAR A PREHISTORIA!!! ENVIARON AS FOTOS XA FAI TEMPO, GRACIAS A TOD@S E FELICIDADES POLO VOSO TRABALLO
viernes, 23 de enero de 2015
viernes, 19 de diciembre de 2014
lunes, 1 de diciembre de 2014
NOVAS XORNADAS NA BIBLIOTECA DO CRA DE TEO "LUCHO DO PETO"
Esta semana temos unas novas xornadas na nosa biblioteca co obxectivo de motivar aos nen@s cara a lectura. Cada día irá unha escola diferente.
A temática que se traballa é " O Corpo e as Emocións".
O luns irá a biblioteca a Escola de Cacheiras.
O martes vai a Escola de Reis.
O mércores irá a Escola de Recesende.
O xoves vai a Escola de Raxó.
O venres irá a Escola de Casalonga.
A temática que se traballa é " O Corpo e as Emocións".
Iniciamos a xornada con un tempo para ler e mirar todos os libros que queiran de xeito libre , logo un xogo de pistas sobre un conto das emocións. Cando o rematen toca merendar e un pouco de xogo libre, e para finalizar esta xornada cada escola ten preparada una actividade relacionada con estes temas.
Agardamos que @s nen@s o pasen moi ben!!!!
Etiquetas:
animación á lectura,
biblioteca,
corpo humano,
dinamización biblioteca,
emocións,
primeiro trimestre,
Proxecto O Corpo e As Emocións
lunes, 17 de noviembre de 2014
CONMEMORACIÓN DO DÍA DO NEN@
Hoxe, 20 de novembro celébrase o día internacional dos dereitos dos nen@s.
Dende a biblioteca do C.R.A de Teo queremos tamén celebralo.
Deixamos aquí un conto que vos recomendamos e un enlace con distintas informacións, xogos on line e videos sobre este tema para nen@s de infantil e primaria.
Espèramos que 0 disfrutedes!!!!
lunes, 10 de noviembre de 2014
FESTA DO SAN MARTIÑO
Despois de San Martiño ven o inverno de camiño...faite con uns bos contos para desfrutar deste tempiño!!
viernes, 31 de octubre de 2014
Títeres no Magosto e Samáin
Hoxe
día 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín, cunha festa conxunta
para tod@s @s nen@s na Casa Común de Oza. O equipo de biblioteca
decidíu traer a Xan Pérez cunha sesión de títeres: "Pedro e o Lobo".
Aquí vos deixamos algunha foto...
lunes, 27 de octubre de 2014
viernes, 24 de octubre de 2014
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
DÍA 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Como cada ano, a Consellería de Educación e Cultura fainos chegar os carteis conmemorativos deste día. Nesta ocasión, co lema Biblioteca escolar... Matemático!!! (co que se pretende resaltar o papel da biblioteca como apoio ó desenvolvemento do currículo). O cartel é obra de DAVID PINTOR.
lunes, 20 de octubre de 2014
EXPOSICION LIBROS NA BIBLIOTECA
Aquí temos unha selección de libros e contos sobre "O Corpo e As Emocións" que podedes atopar na biblioteca de Aido.
Esperamos que a disfrutedes!!!
Sobre o corpo
martes, 7 de octubre de 2014
BENVIDA CURSO 2014/15
Ola a tod@s!!!!!
Xa estamos de volta e queremos recordarvos que este mércores 8 de outubro abriremos de novo a bblioteca de Aido en horario de 16:00 a 18:00.
Esperámosvos !!!!
jueves, 26 de junio de 2014
ESCOLA DE CACHEIRAS
ESCOLA DE REIS. TERCEIRO TRIMESTRE.
Esta é a actividade que realizou a escola de Reis no terceiro trimestre. Como vedes elaboraron unhas camisetas moi chulas para facer o camiño de Santiago.
QUEDARON BEN BONITAS!
martes, 10 de junio de 2014
ESCOLA DE RECESENDE EN AIDO. PROXECTO "O CAMIÑO DE SANTIAGO"
Finalizando o curso voltamos, por última vez este ano, á Biblioteca Lucho do Peto para facer o noso particular Camiño de Santiago polos arredores da Escola de Aido. Buscando Gárgolas podimos obter a nosa compostelá ademais de pasar un rato ben divertido.
Tamén limos unha chea de contos e pintamos cada un unha Gárgola que servirá para facer un bonito cadro
sábado, 7 de junio de 2014
A ESCOLA DE CASALONGA E O CAMIÑO DE SANTIAGO EN AIDO
Onte tivemos a última xornada, por este curso, na nosa biblioteca.
A temática en esta ocasión foi "O Camiño de Santiago". Iniciamos a xornada con un tempo para ler e mirar todos os libros que quixeron de xeito libre , logo un xogo de pistas do camiño co que o pasaron xenial , cando o remataron tocou merendar e un pouco de xogo libre, e para dar por finalizada esta xornada pintamos aos nosos peregrinos e claro, despois, sesión fotográfica con eles.
Como todos o fixeron tan ben , foron conseguíndo unha credencial cos selos correspondentes, o final do día levaban a súa particular compostelá.
Zona de los archivos adjuntos busqueda das gárgolas pintando peregrinos
martes, 20 de mayo de 2014
A HISTORIA DE SANTIAGO APÓSTOL
Animámosvos a ver esta curta de debuxos animados na que se explica a lenda de cómo chegaron os restos de Santiago Apóstol ata Santiago de Compostela, o nacemento da cidade e o comezo das peregrinacións ata Compostela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















