martes, 30 de enero de 2024

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O Día Escolar da Paz e a Non Violencia ten por obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

É unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal. Celébrase todos os anos o “30 de Xaneiro”, que é o aniversario da morte de Gandhi. Este día internacional foi recoñecido pola UNESCO en 1993.