martes, 20 de mayo de 2014

A HISTORIA DE SANTIAGO APÓSTOL

Animámosvos a ver esta curta de debuxos animados na que se explica  a lenda de cómo chegaron os restos de Santiago Apóstol ata Santiago de Compostela, o nacemento da cidade e o comezo das peregrinacións ata Compostela.


 

viernes, 16 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



.."Brincan da canteira ósos de pedra virxe, e óense os alentos,nenos e galos axoutados arrédanse e deixan pasar un río de pedras,tolean os martelos en días eternos e noites cegas…e medra amodiño na noite un feixe de colunas coma gorxas de pomba: non se fixo o Templo en tres días; que o home é breve e a noite é longa.

Pro medra coma a aurora tralos piñeiros, soño de beleza mostruosa masa de dogmas de pedra, seixo a seixo, a Nai de Compostela, e así quedou pá sempre, coa crista por riba do Tempo furando na néboa, a Catedral, a grande Galiña deitada no medio das leiras."

Xosé María Díaz Castro, "O berro das pedras"

* HOMENAXE DE DÍAZ CASTRO Á CATEDRAL DE SANTIAGO

viernes, 2 de mayo de 2014

"SAR, SARELA E OS MONSTROS DE COMPOSTELA"

Vós presentamos un conto moi divertido que ademáis vos axudará a coñecer un pouco máis a cidade de Santiago de Compostela. É da editorial OQO e conta as andainas de dous gatos que precisamente se chaman como os dous ríos que cruzan Compostela: Sar e Sarela.

O podedes atopar na feira do libro que se está a celebrar estes días en Santiago pero tamén na nosa  biblioteca "Lucho do Peto" para ler na propia biblioteca ou para levar a casa durante, xa sabedes, máximo 15 días.

A QUE ESPERADES....ESTAMOS SEGUROS DE QUE VOS ENCANTARÁ
 
 
 

miércoles, 30 de abril de 2014

FEIRA DO LIBRO 2014- SANTIAGO DE COMPOSTELA

Achegádevos ata o Paseo Central da Alameda de Santiago para poder disfrutar das novidades e non novidades que ofrecen as editoriais.

Aquí tedes un enlace ó programa de actividades que se van levar a cabo estes días na feira.



martes, 1 de abril de 2014

A ESCOLA DE RECESENDE EN AIDO





Como o resto das escolas tamén a de Recesende participou na segunda semana da biblioteca adicada á Alimentación.
Aquí os podedes ver preparando o batido de amorodo, facendo unha actividade sobre a froita e as receitas que tiveron
 que escribir e decorar. 

PRECIOSAS!!!!!!!

A ESCOLA DE CASALONGA NA 2ª SEMANA DA BIBLIOTECA

Aquí podedes ver algunhas das actividades realizadas polos nenos e nenas da Escola de Casalonga. Comenzaron coa lectura de contos e visionado dun video sobre alimentación . Seguidamente, como tódalas escolas, elaboraron un batido de amorodos e a súa receta. 

Despois da degustación de batido e galletas fixeron unha orixinal escultura con recipientes que durante o trimestre foron montando na súa escola para traballar distintos aspectos do currículo. Plasmar en papel o resultado final resultou divertido e mesmo orixinal.

QUE BEN O PASARON!!!!!!!!



Escultura realizada con recipientes 





lunes, 31 de marzo de 2014

ESCOLA DE CACHEIRAS EN AIDO (PROXECTO ALIMENTACIÓN)

Na semana da biblioteca de Aido, adicada este segundo trimestre ao tema da alimentación, o alumnado da escola de Cacheiras pasou unha divertida xornada na que fixeron diversas actividades relacionadas co uso e disfrute da biblioteca, elaboraron e degustaron un delicioso batido de amorodos e diversas actividades individuais relacionadas que finalmente levaron para casa. 
 Aquí podedes ver o ben que o pasaron e algunhas destas actividades. 

 NORABOA POLO TRABALLO!!!






ESCOLA DE RAXÓ. SEGUNDO TRIMESTRE. ALIMENTACIÓN


O alumnado da escola de Raxó no seu día da biblioteca neste segundo trimestre, elaborou unha receita moi chula. Aquí podedes ver canto traballaron e o ben que o pasaron.
 Moi ben rapaces!!!

domingo, 30 de marzo de 2014

2ª SEMANA DA BIBLIOTECA: A ALIMENTACIÓN


Neste segundo trimestre imos traballar nas aulas e dende a biblioteca o tema da alimentación. Tedes na biblioteca Lucho do Peto unha selección de libros e contos sobre esta temática a vosa disposición, por se queredes botarlle un vistazo na ou levalos para casa.

viernes, 21 de marzo de 2014

lunes, 13 de enero de 2014

VISITA LEANDRO LAMAS NADAL

No festival de Nadal 2014 tivemos a sorte de contar coa visita do ilustrador Leandro Lamas, que moi amablemente foi escola por escola vendo os traballos que relacionados coa súa obra fixo o noso alumnado durante o primeiro trimestre.

Ademáis da súa visita, agasallounos cun magnífico debuxo-mural adicado e asinado para á nosa escola realizado alí mesmo.

 GRAZAS LEANDRO POR COMPARTIR CON NOS O TEU TRABALLO.






O debuxo que nos fixo Leandro


Leandro facendo o debuxo


lunes, 9 de diciembre de 2013

ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTRE

Cada trimestre e como remate do proxecto que levamos a cabo en cada escola celebramos un días especiais nos que cada escola se desplaza á biblioteca e pasamos alí a mañá enteira realizando diferentes actividades lúdicas e de animación á lectura.

Este primeiro trimestre estivo adicado a Leandro Lamas, como xa sabedes, e aquí tedes un video e fotos no que podedes ver o ben que o pasamos.



domingo, 8 de diciembre de 2013

A OBRA DE LEANDRO LAMAS

Ola a tod@s.
No primeiro trimestre imos traballar a obra do ilustrador Leandro Lamas.
Aquí tedes unha selección de contos e poemas ilustrados por el que tedes á vosa disposición na biblioteca.


viernes, 8 de noviembre de 2013

BIBLIOTECA ANTES...DESPOIS

Un dos obxectivos deste curso era facerlle un lavado de cara á nosa biblioteca.

COMO VEDES CONSEGUÍMOLO!!!!!!!!.

Estades todos convidados a visitarnos. Xa sabedes que o noso horario é tódolos mércores de 16:00 a 18:00 horas. 

 ESPERÁMOSVOS!!!!!!!!!





viernes, 1 de noviembre de 2013

A NOSA MASCOTA

Queremos presentarvos a nosa mascota "Lucho do Peto" feita por un neno da escola de Bamonde en honor a Avelino Pousa Antelo.




martes, 22 de octubre de 2013

BENVIDOS Ó NOVO BLOG DA BIBLIOTECA "LUCHO DO PETO"

Ola a tod@s. 
Benvid@s o noso novo blogue "Biblioteca Lucho do Peto" que como ben lembrades leva este nome en recordo do mestre Avelino Pousa Antelo.

Esperamos que vos sirva de axuda e anime a toda a comunidade educativa a participar nel e disfrutar de moitas lecturas.